Pululan as xentes, pululo eu, pulula o aire...caminho de ningures, todos e todas equivocados, todos a viver nesta cousa, palabra clave para falar do desconhocido; mentimos cando falamos, mentimos cando pensamos, mentimos inclusive cando sonhamos..mentímonos a nos, aos outros, a verdadeira falacia é o tempo ou a verdade? Malo si me votas en falta, malo si non me votas, malo para o corazón, malo para o orgulho.
Gostaría de poder seren máis clara, máis equilibrada... gostaría máis si o mundo fose máis claro e máis equilibrado... cómo pedirlhe os demáis o que ti non tes???
Hoxe nun periódico de tirada nacional vinha unha foto de Irak, dous nenos apuntando cunha pistola a outro neno que choraba, o título da nova: " E.E.U.U acusa a Teherán y Hezbolá de entrenar las milicias chiíes de Irak", evidentemente moitas preguntas:
- Quén caralho confía na información do tío Sam???
- Qué terán que ver estes nenos con Teherán, Hezbolá e os gringos???? Acaso cada neno irakí é un terrorista en potencia???
- Quénes son as milicias chiíes??? porque, en verdade Irak é un país de crenza chií, todos e todasos chiíes de Irak son entrenados nas armas, todo opaís é un criadeiro de terroristas??? claro que, non son os E.E.U.U uns terroristas????
Onte nunha das minhas clases fixemos mención ospresuntos intentos de atentados no centro de Londres,pregunteilhe a un inglés moi simpático qué pensaban eles, de quén pensaban que era a culpa destes intentos de mortes, a contestación:
- Al-Qaeda. ( É gracioso, votarlhe a culpa a unha pantasma)
- E logo....- insistín eu coa minha teima de falta de respeto- non pensades que a vosa historia de imperialismos pode ter provocado algo de todo isto.
- A culpa é de Al- Qaeda- recibín como resposta.
Ben... a minhas próximas lecións de castelán/espanhol comenzaran co verbo irregular "mentirse": yo memiento, tú te mientes, él se miente....enreflexivo!!!!!