quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009

Vou....

Ando estresadísima eu...perder o tempo a falar coas amigas...dame mal de conciencia, porque debería andar a estudar, é che unha cousa...que me produce unhas olheiras máis profundas das que tenho a cotio.
Nao debe ser unha cousa da cidade, penso, porque aquí as cousas acostuman a ir de vagar... as veces chego tarde as aulas e ponho o turbo a occidental e vou esquivando transeuntes, é unha técnica de caminho europea, torcer, esquivar, adiantar a unha persoa nun segundo.....nese preciso momento todas saben que eu nao son de aquí, elas caminhan de vagar, nao ha problema se chegas tarde...é normal ( o malo é que eu chego tarde igualinho, tenho que correr porque xa levo 15 minutos de retraso para as aulas).
Tampouco existe esa necesidade imprescindible de exprimir as forzas, ha cinco persoas para facer o trabalho que alí farían duas...
Sempre que entro no banco para cobrar o meu cheque de trabalho europeo ilegal con visa de turista, atopo o mesmo home sentado nunha mesa onde nao ha nada; só el, a mesa e unha libreta, miroo e remiroo para saber a qué se adica, cál é a sua labor alí. El mira a xente pasar de una lado para outro, abre o caixón que ha na sua mesa e nunca saca nada, mira o reloxio e volve a mirar a outra persoa que pasa en sentido diferente..de cando en cando fai un xesto coma que vai dicer algo, máis nada di...Hoxe no banco tiven que trucar cartos e entón, suoben a súa función, é o poseedor dos bilhetes estranxeiros.
A momentos en que gosto inmenso estar aquí; subo as escalas do metro e ha unha discusión, dous discuten e vinte miran, antes de entrar no banco ha cinco homes descansando o redor de un auto, un deles está sentado enriba do meleteiro, miro arriba é vexo a fiestra aberta dunha perruquería, ha unha paz na rúa, un aire de colectividade....

terça-feira, 10 de fevereiro de 2009

mirasme ou mirote???

Últimante ando a me preguntar se nao ha un chisco de colonialismo en isto de querer conhecer a outra.Unha tradición dentro das nosas costumes vir a mirar cómo é o desconhecido. Que despois conleva xuzgar o desconhecido...
Dende que estou aquí(no cairo) síntome unha perpetua estranxeira, entro no metro e todos os olhares venhen a min, son un bicho raro, venho para mirar e son a mirada.
É unha ironía da realidade.