quarta-feira, 2 de maio de 2007
Política, políticos....
Dende que es unha neninha sabes que a política é unha merda e que os políticos son uns merdentos, uns anaquinhos de merda clavados nun pau...qué se lle pode facer??? matar os estaría ben, pero vai en contra da ética e máis que matar os a eles habería que matar ó capital...., así que o mires por onde o mires a solución pasa polo cambio e todo cambio é unha revolución.
Hoxe gobernan nos mediante o medo, o terrorismo- din eles- medo o desconhecido, os non laicos, eses demos que van vir e nos van meter no tunel do tempo hasta chegar os templarios, uhhhh!!!! son a pantasma de Bin Laden!!! uhhhh! si non comes toda a sopa voute levar para o país dos talibáns, uhhhhh!!!!.
Así nos vai, nestes lares de occidente vivimos de espalda os árabes e os musulmáns ( que dito sexa de paso, non che son a mesma cousa), vemos os polo espelho pero non ches vemos as caras, escoitamos a periodistas que din que lhes dixeron, que leron ou escoitaron, pero que xamais pisaron un país musulmán máis dunha semán, en hotel de luxo, bebendo alcohol e escoitando a Edith Piaf; vivimos desinformados, sin saber nada deles e crendonos con opcións de opinar.
Con esta actitude de inaptitude tan só estamos a crear alonxamento, odio e medo. Estamos a interiorizar o terror e a expulsar o en forma de cegueira.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário