terça-feira, 22 de maio de 2007
Fontanarosa
Así che son as cousas e así imos chas contar.... semellan dicer todos os por promulgadores das noticias con ganas de seren promulgadores da xusticia. E eu cada día remato máis cabreada coa manipulación, non importa onde ponhas a tele ou onde abras o xornal, todas as novas venhen dadas a medias, sen analizar, sen especificar, hoxe saíu o gabilondo ( despois do que fai non merece o nome con maiúsculas) a falar de grupos radicais e violentos vascos que se negan a escoitar que o goberno claudicou ante eles e que andan por ahí a reventar mitines; saíu no xornal "El Mundo" unha entrevista sobor da actual situación do Líbano na que non aparecia o nome do entrevistador; na noite da H fan chistes referíndose a unha lei exipcia islámica, acaso tenhen dous tipos de leis en exipto, unha islámica e outra non,ou tan só queren nos facer relacionar islámico con inxusticia???
En verdade non é algo novo, non é que non saibamos todas estas cousas dende fai longos anos, pero...a carraxe surde igualinho.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário