terça-feira, 8 de maio de 2007

Imos,imos....


As cousas van despacinho, van de vagar hacia ningures... é che ise o senso da vida? ir indo a modinho deica a morte? Non hai grandes sensos para o caminho a non ser aqueles que ti mesma te pos, e a esperanza de terem bos momentos cos amigos/as, coa música, con futuros amores, co sexo, con calquera das múltiples drogas do éxtasis vital...
Levo ista amago de dor que non quere marchar ou na que eu teimo para non deixar a marchar, quizáis nun intento vago por reter parte do sentimento que algún día me uniu a alguén e que ten a obriga, agora, de desaparecer; debo acostumame à soidade pero a soidade é unha sensación, un modo de ser que esquecín, un espazo no que non me acostumo a estar. Cando vives con alguén formas parte disa persoa e isa persoa forma parte de ti, no desenganche non es capaz de te reconhecer porque xa non sabes até ónde chegabas ti e até onde o outro/a, debes voltar a te reconhecer, voltar a creer nas tuas ilusións.
Ben... é un caminho de moitos, consuelo de alguén.

Sem comentários: