terça-feira, 13 de fevereiro de 2007

A pausa da Chula



As cousas van como van, un debe descansar a dor, senon chega un momento no que a dor se embala e se apodéra de tí. A choiva acompanha, en verdade para o descanso da alma. Caminho de vagar, miro de vagar, penso de vagar pero cabréome con xenio; eses sentimentos de maldade sempre se abren caminho con máis forza, é o destino do ser humano.
Cando era paquerrecha quería ser vento, o vento corre e corre en todas direccións. Si es vento e te cabreas só tes que correr, correr forte até esgotares. Si eres vento podes chegar a todas partes e ninguén te ve.

Sem comentários: