sexta-feira, 2 de fevereiro de 2007
Qué Chula a Pupa!
Ía Pupa a Chula triste polo mundo, non entendía cómo pero dalgún lado do horizonte comenzaron a pulular estranas consecuencias inesperadas.
-"Fixen ben, fixen ben"- decíase ó caminhar e doíanlle as pernas, demasiada inercia.
"Fixen ben, fixen ben", pensaba e comenzaba a cabrearse, a cabrearse para poder superar a door, e para non sentir un remorso que consideraba inxustificado.
"Fixen ben, fixen ben" ainda que entendía que sempre é duro que a alguén lle digan: "Sintoo, perdoa, pero marcho".
"Fixen ben, fixen ben; pero unha decisión ten unha consecuencia, eu tomei decisión e el tomou decisión-consecuencia"
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário