quarta-feira, 22 de agosto de 2007

Nino


Hai che vou, a me bater coma unha conga; pra li, pra la, pra aká, pra kí. Este fin de semán morreu o Nino e con él un chisco de min, aquela coa que me saía a ledicia de che poder dar uns mimos sentado no colo a ronronear. Tenho unha semiincomunicación-introspectiva nas entranhas dende fai tempo, guiada por diversas mancheas de incertidumes; agora síntome un chisco máis preto de min, na soedade desta dor que non se pode compartir. Escoito música a todo volumen procurando encher un hoco, unha parte de min que non se manifesta, unha parte a que che que da por ponher nos demáis necesidades que non poden cumplir.....E, de repente, un dos meus pilares de cotidiano agarimo desaparece da parte alta da Rambla,alí, na saída do FNAC, de fronte da porta...unha das minhas miradas de Barcelona desaparece para sempre.... Un bico,meu rei!!!!!

Sem comentários: