segunda-feira, 3 de setembro de 2007

Cartos


Son cousas raras as mentes humáns, somos capaces de nos convencer de case calquer cousa que se nos antolhe, non tes algo de medo de tí mesma/o?, eu sinto arrepios, pero igual miro cara outro recuncho no instante de reconhecer unha crítica.
Vivimos en mundos de abundancia, acó arriba, pero para manter a nosa abundancia, para xerar máis disto, debemos convencer os demáis de que o melhor do mundo e mercar, mercar e mercar. Así lhes inflinximos os países máis "pobres", ( pobres pola nosa culpa, pobres no noso sistema), que nestes lares vivimos de medo, a morrer de felicidade. E eles venhen, venhen a conquistar o sonho das américas, (das américas europeas) a trabalhar de esclavos, a ganhar unha merda, a morrer no intento...
Como remate final desta sinrazón, agora sae unha lei que permite ponherlhes una camisa de forza a aqueles inmigrantes repatriados, ponherlhe a camisa de forza no avión de volta as suás casas, de volta o inicio, en avión Iberia...hostias!!!!
O culmen, o punto final, o estado superior da inxusticia argumentan que esta lei sae para protexes os inmigrantes de morrer debido as súas teimas por ficar.
Reproduzo: "El Pais" 3 de octubre 2007
".... han colaborado en la elaboración de la norma, que consideraron vital tras el caso
Aikpitanhi, quien falleció amordazado tras resistirse violentamente a la expulsión en un vuelo comercial en el que se le devolvía a Nigeria escoltado por tres policías, dada su corpulencia."
Arrediola, era King Kong?, Cómo fai unha persoa para morrer amordazada? eche un enigma de mago.

Sem comentários: