segunda-feira, 17 de dezembro de 2007

prefiero ser español a ser yankee

Este fin de semana dixeronme esta frase nunha festa e fiquei abraiada, bem, non abraiada, senon...espectante cunha realidade na que nunca pensara, "abraiaaespectada"
O que me chamou a atención da frase foi isa constatación de que el estaba a referenciar unha realidade habitual para el...que eu xamais me plantexei. Eu non son espanhola, non me sinto, pero sí sinto que vivo dominada por un imperio, o español mais nunca achei a necesidade de facer a escolha entre estas duas realidades imperialistas tan ponzonhentas.Posiblemente non che son tan práctica.

A frase foi dita con retranca, evidentemente,e o tipo tinha unha forma de pensar do máis inxeniosa, falamos un bom anaco, falou el, na verdade, seguindo esa teima tan masculina de: "escuchame, a mí, tú, pequeña estrella del camino; yo te daré una verdad tú me das la inspiración, la luz que me ayuda a clarificar...."dixo algunhas cousas que me poden axudar nos pensamentos, outras tantas, a mín, non me van levar a ningures.Pero esta frase ficou clavada na minha testa porque exemplifica moitas cousas, un sentimento de sometimento a un imperio, un plantexamento práctico da realidade, (elixiu entre os seus dous imperios históricos), unha realidade moi diversa a minha.


Tiven moitas outras conversas esa noite, e moitas outras discusións ideolóxicas....

Esquecin especificar que o meu interlocutor era chileno.

Sem comentários: