
Igual e super dificil ser consciente das tuas inxustas posicions de poder, penso.

Ando un chisco farta de que algunha xente me mire por enriba do hombro e me faga sentir no seu mirar esa frase de: "Ti estás tola, nao sabes cómo vai a vida, semelha que naceras onte".



Levo catro días a viver no Cairo. Din que é unha cidade que te sorprende, positiva e negativamente o mesmo día varias veces, quizáis estas contradiccións do sentimento sexan unha constante das grandes cidades, porque eu tamén o sentín en Bcn.Onte fun colher un taxi para voltar do trabalho para casa, ainda non fago este caminho pola noite a pé, tardo 45 minutos en caminhar aquilo que à xente lhe leva 20, pérdome por todas partes.
Saín a vía principal, pítame un coche, fago unha sinal coa man e o auto para. Subo detrás, dou a dirección, o taxista dime que non sabe ónde está e eu penso:
- "Este pretende me enganar"
Éste é un pensamento constante cándo es "guiri", é estranho estar no outro lado do espelho.
Empezamos a movernos: de ónde es? ónde trabalhas? vou para a dereita ou para a esquerda? pregúntame, e eu: Ehhhhh!!!! para a dereita, eso sí que o sei.
O meu taxista para unhas cantas veces para preguntar a dirección, esta experiencia xa a conhezo de cando tiven que ir a pensión....pero..... Julia deume a dirección e díxome que era unha rúa grande, que despois eu tinha que caminhar a casa un anaquinho, que todos os taxistas a conhecían......
- "Quéreme enganar- sigo a pensar-vaime dar mil voltas e vaime pedir 10 libras, eu pago cinco" saco as cinco libras da carteira.
Baixa de novo a preguntar, e eu tamén baixo, porque vexo un policía perto e...de tanto patrulhar sempre conhecen as direccións. Nada, voltas, voltas e máis voltas, de repente vexo unha lembraza.
- " Aquí, aquí, esto conhezo o"
- "Conhéces o! estupendo.
Chegamos a minha rúa, saio do auto e estendo o meu bilhete de cinco libras.
- "Non, non- dime- eu non son taxista"
- "Perdón???"
Volvo a ofrecer os cartos.
-"Non, non, este é o meu auto e eu non son taxista"
- "Shukran, sukran yazilan, min qalbii" ( Obrigada de corazón)- digo facendo una reverencia coa man no corazón.
Miro ben e vexo que, de verdad, aquel auto era negro máis non tinha números de taxi.
Marcho sorprendida coma unha nena pequena.
Foto: Cyril Le Tourneur d'Ison

non hai posibilidades de queixas cando fas o que che peta; ninguém me manda, mándome eu sosinha, digo: fica! e fico, digo: lisca! e lisco.
da persona tem a obriga fundamental de comportarse bem coas demáis, de ver as inxusticias incluso si vive dentro delas e si che son favorables, creo na obriga, ( no mandamento) de procurar entender as demáis, persoas e culturas, de non sentirte nunca melhor a outra, de non utilizar xamáis o poder. 


rdade non acreditaba!!! non acreditaba!!
licamente porque na realidade estou pechada nunha habita) a estudar a gramática da espanha dende o seu ponto de vista máis convencional. A linguaxe é complexa en caseque todas as linguas, pero hai moitas cousas que non rematan de ser moi claras para mín:


ou:
ra do sistema, que anuncian a manipulación das palabras, sábese dende sempre que cando les un xornal debes ler entre líneas, ler o que non está escrito, a verdade está escondida; pero esta manhá deume por ler os xornais desta Patria sua chamada sPaña!!!e...mete medo ese posicionamento tan a favor d+s sionistas,(que non son Israel, e que non son os xudeos),non hai nin unha soa crítica hacia o goberno de Israel, pero sí unha dura crítica hacia Hamas.Miles de palestin+s loitan polo dereito básico da comida, un dereito que figura nesa carta de Dereitos Humanos que tanta vanagloria ches da +s occidentais pero ningún dos medios de comunicación de masas fan a máis mínima mención do por qué ou do cómo.