sábado, 19 de julho de 2008

A lingua


Fai tempo decidín comenzar a utilizar o plural genérico femenino, pensei, (despois de ler a Wittig) que si a gran maioría da sociedade dicía que non tinha importancia o feito de utlizar o masculino xenérico, tampouco tería importancia modificar o.
Está a ser difícil e complicado sarcudirme o hábito de utilizar o masculino xenérico, está tan interiorizado en mín que tenho a sensación de que a xente non me vai entender e sempre tenho que estar a precisar. A verdade é que toda unha experiencia do control que a lingua exerce sobre as minhas formas de entendemento social.
Nas aulas é maís fácil, explio o cando se sorprenden e xa está, algunhas incluso fan chistes.
Na vida é máis difícil, algunha xente teima en me demostrar que semelha que non é tan insignificante o cambio, ou é insignificante cando o xenérico é masculino pero cobra importancia cando é femenino.
Fastidia comprobar estas verdades que ansiabas foran parte dos teus prexuicios ideolóxicos.

Lauren Greenfield

Sem comentários: