Onte fun colher un taxi para voltar do trabalho para casa, ainda non fago este caminho pola noite a pé, tardo 45 minutos en caminhar aquilo que à xente lhe leva 20, pérdome por todas partes.
Saín a vía principal, pítame un coche, fago unha sinal coa man e o auto para. Subo detrás, dou a dirección, o taxista dime que non sabe ónde está e eu penso:
- "Este pretende me enganar"
Éste é un pensamento constante cándo es "guiri", é estranho estar no outro lado do espelho.
Empezamos a movernos: de ónde es? ónde trabalhas? vou para a dereita ou para a esquerda? pregúntame, e eu: Ehhhhh!!!! para a dereita, eso sí que o sei.
O meu taxista para unhas cantas veces para preguntar a dirección, esta experiencia xa a conhezo de cando tiven que ir a pensión....pero..... Julia deume a dirección e díxome que era unha rúa grande, que despois eu tinha que caminhar a casa un anaquinho, que todos os taxistas a conhecían......
- "Quéreme enganar- sigo a pensar-vaime dar mil voltas e vaime pedir 10 libras, eu pago cinco" saco as cinco libras da carteira.
Baixa de novo a preguntar, e eu tamén baixo, porque vexo un policía perto e...de tanto patrulhar sempre conhecen as direccións. Nada, voltas, voltas e máis voltas, de repente vexo unha lembraza.
- " Aquí, aquí, esto conhezo o"
- "Conhéces o! estupendo.
Chegamos a minha rúa, saio do auto e estendo o meu bilhete de cinco libras.
- "Non, non- dime- eu non son taxista"
- "Perdón???"
Volvo a ofrecer os cartos.
-"Non, non, este é o meu auto e eu non son taxista"
- "Shukran, sukran yazilan, min qalbii" ( Obrigada de corazón)- digo facendo una reverencia coa man no corazón.
Miro ben e vexo que, de verdad, aquel auto era negro máis non tinha números de taxi.
Marcho sorprendida coma unha nena pequena.
Foto: Cyril Le Tourneur d'Ison
Sem comentários:
Enviar um comentário