quinta-feira, 10 de julho de 2008

A puta que todas levamos dentro está fora


Fai xa un tempo estaba a dar aulas de "spañol!!!!!" en Barcelona, estaban as minhas aulas cheinhas de suecas. Un día preguntei, no momento gramatical adecuado, que era do que menos gostaban dos españois, unha delas díxome:
- Non gosto de que me digan cousas pola rúa!!!
E eu pensei....
- Din cousas pola rúa os homes en Barcelona!!!!! a min, que levo aquí 3 anos, xamáis tal me pasou, "e desta fea sueca de merda si que se ocupan???" ( é broma, pero é un pensamento moi típico de heterosexual alienada en exceso que me fai gracia!!!!).
Total, preguntando, xa non lembro a quém, a un home, evidentemente; díxome que os homes respetaban as "do país" pero às de fora eran susceptibeis de ser despreciadas ou non respetadas.
Aquí eu son a sueca, e é unha merda. Son a guiri, a diferente, estou a viver ó outro lado do espelho da minha cotidianidade. Son morena, olhos marróns, pelo negro, tez morena, visto con pantalón e vestido longo, levo pano na cachola e gafas de sol (mentras o sol mo permite), non miro os homes os olhos e levo cara de autosufiencia e pasotismo ( dime de qué presumes y te diré de qué careces), ainda así sei que todos me miran; o meu carón vexo rapazas árabes con roupas apretadas, ensinando media perna, pintadas e movéndose sesualmente, rindo con ganas de que os rapaces as desexen. Pero a elas nos as miran como a mín, por elas sinten un repeito que por min non senten.
Rara, esquisita de máis, esta visión tan machista que domina o mundo e non sabe de fronteiras. Rara esta forma de que te sintan turista, dominadora occidental, invasora do espacio...hai fronteiras internas en todas partes, eu tenho as cando estou no meu lugar, tí ter as cándo estás no teu???

Sem comentários: