Un colega físico díxome non fai moito que dentro das ciencias hai unha lema: "Si o podes medir è que estàs nun erro", eu, que ando sempre coa teima de teimar sobre occidente, ando, ( simbó-
licamente porque na realidade estou pechada nunha habita) a estudar a gramática da espanha dende o seu ponto de vista máis convencional. A linguaxe é complexa en caseque todas as linguas, pero hai moitas cousas que non rematan de ser moi claras para mín:
"Trabaja mucho pero no consigue trabajo" é unha oración coordinada porque si lhe quitas o enlace as duas frases tenhen senso propio.
"A pesar de que trabaja mucho no consigue trabajo" é unha frase subordinada concesiva, a pesar de que si lhe quitas o nexo as duas frases seguen a manter o senso, podes explicar o polo senso restrinxivo, (unha depende doutra polo senso, ainda que eso nada ten que ver co anterior razonamento estructural); podes dicer moitas outras cousas e teorías diferentes que eu ainda non achei, de seguro que algunha de vos mo podería dicer...pero de forma lóxica, levada pola razón (terribels connotacións este vocablo!!!)máis pura eu non remato de cuadrar o puzle.
A ciencia é o gran adianto de occidente, está tan orgulhoso dela como da modernidade, de feito, unha non podería ser sin a outra. Todo pode ser medido pola razón, todo entra dentro dos límites do pensar, da multitude de enlaces que explican ate o derradeiro recuncho... pero, quizais, todas as nosas cavilacións estén erradas, quizáis a razón xustifícase con incongruencias, coma unha rede de sinrazóns que se afunden dentro dela mesma.
Qué lhe queda a occidente sensa a razón? qué novas fronteiras de pensamento poderíamos explorar si negamos a primacía da razón?
Foto: Alexandra Boulat.
Sem comentários:
Enviar um comentário