domingo, 24 de fevereiro de 2008
Aloe Vera
Sorprendinme o otro día no supermercado, todos os productos levan Aloe Vera, é unha planta medicinal, din nas súas publicidades, é verdade, é moi boa para curar a pele.
Na minha teoría sempre hai que desconfiar da tele e da publicidade. Venden leites de banho de aloe vera, yogures de aloe vera, ...coa mensaxe "é unha maravilla para a túa saúde", pero os productos están cheios dunhas cousas que non sabemos o que son, cuns nomes rarísimos que despois ven algunha colega nutricionista e dí che que é unha merda para o organismo.
É o proceso constante do mercantilismo que move a modernidade, mentir ou crear necesidades; é para vender máis, nada que ver coa preocupación pola saúde de niguem de nós, cada día máis xoven coa Aloe Vera, renova por dentro e por fora.
Non che é unha nova para niguem esto que estou a dicer, pero entra unha furía atroz e entran ganas de colher o machete e reventar as estanterias do super, pola saúde de todas/os, pola destrucción das/os consumidoras/es!!!
Foto: Alexandra Boulat
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário