quinta-feira, 7 de fevereiro de 2008

Sempre foi unha gran mulher!!!

Na minha vida escoitei moitas frases dignas de ser mencionadas dentro da longa recua de machistadas mil, moitas tenho as aturado en carne propia. Aquí só vou mecionar duas:

A primeira escoitei na fai uns cantos anos da boca dun granadino, compañeiro meu de piso, vou na traducir ao galego (ainda que quem vivimos neste paisinho sabemos que isa grande lingua de España!!!!, o castelán-español é difícil de traducir, debido a sua grandeza-conquistadora!!!!!), vem, aláh vou:

- Eu, que coa única mulher coa que comuniquei sempre foi minha nai, noto que agora coa minha moza establezco a mesma relación.

Ainda que iste comentario semelhe un pensamento para a rectificación, non vin ningún cambio no seu comportamento no seguinte ano e medio que compartín piso con el.

A segunda foi na "Telegaita" nun programa que vai polas vilas na procura de gaiteiros famosos nas épocas pasadas. Non lembro o nome do gaiteiro, é en verdade, non fixen nada para o reter na memoria,( algo habitual en mín, por outra banda). Falaba da súa mulher, era dunha vila de lonxe e a familia dele teimaba en que el tinha que procurar unha un pouco máis perto, pero el gostaba daquela e foi unha grande elección:

- É unha gran mulher, sempre foi unha esclava!!!!

Comenta tí, que eu marcho.



Photo: Alexandra Boulat. Albanesas/es

Sem comentários: