segunda-feira, 3 de novembro de 2008

Non sei....

Non sei por qué ha un murikinho de xentinha no mundo que anda a pensar que eu vivo unha vida que nao quero viver.
Ensinoume Amaya, fai anos, que os sentimentos negativos e meyor abandonar os antes de nascer, pero ensinoume Moira que os sentimentos chegan sin que os poidas controlar e despois ti decides qué facer con eles.
Ando un chisco farta de que algunha xente me mire por enriba do hombro e me faga sentir no seu mirar esa frase de: "Ti estás tola, nao sabes cómo vai a vida, semelha que naceras onte".
Eu quixera escupirlhes à cara: "sei xogar o teu xogo, minha nena, máis non me sae dos ovarios!!!!vivo así porque quero, é unha decisión tomada dende a conciencia, ou da consciencia".

E tenho que marchar a casa con este sentimento de merda dentro, e coa idea de que ando, de novo, a cair no pecado, porque cada unha de nos ten o dereito de viver como lhe pete, nao ha unha posición vital melhor que outra; pensan os meus mandamentos!!

Sem comentários: