É increibel comprobar até que punto o imperio está interiorizado dentro de cada unha/un.
Nas minhas aulas tenho comprovado que os alumnos anglófon+s son, case sempre, lent+s. Hailhes que explicar dende o comenzo que as linguas son seres diferentes, con normas diferentes e reglas diferentes. Non é que el+s non sexan conscientes da existencia das linguas é que non son capaces de asimilar cousas tan básicas coma as diversas conjungacións cos pronomes ou persoas, ponhen os olhos coma platos cando descubren a diversidade formal do verbo ser, ainda que lhes digas que é "to be"; tes que declinar o verbo en inglés a carón do verbo en español e ir relacionando as persoas, as formas para que descubran os cambios. Penso que ainda que el+s perciben outras linguas e son conscientes da súa existencia non tiveron nunca a necesidade de se expresarse fora do inglés, caminhen por onde caminhen, ainda que viaxen moito, sempre poden falar na súa lingua nae e non tenhen a necesidade de abrirse, de conhecer, viven cerrados no hermetismo cultural da hexemonía lingüística; é unha demostración, para mí, do "obscurantismo imperial" e podemos relacionar este fenómeno con todos os outros que levan a pensar que o que non está interiorizado en tí é negativo ou incompresibel.
Non é unha norma para tod+s, conhezo alglófon+s cunha enorme capacidade para aprender linguas, pero é un feito reiterado na gran maioría das minhas aulas; e faime pensar até qué punto cada unha/un de nos non está asimilad+ a unhas normas de difícil ruptura
quarta-feira, 31 de outubro de 2007
segunda-feira, 29 de outubro de 2007
Haiche vai, panha!!!!

Eu non me sinto "espahola", dou gracas por ilo a quen sexa. Nunca tiven ningún sentimento de apego hacia ela, a pesar de que dou aulas de castelán; estudiei castelán porque gustaba da literatura hispanoamericana e dou aulas de espahnol porque gosto do trabalho e dame para comer e viaxar.
Pero sí sinto un fondo sentimento de orgulho hacia +s republican+s; sei que soa antiguo nestes tempos de delexicalización dos conceitos pero para mín el+s deron a súa vida polos dereitos d+s demáis e merecen un reconhecemento que non tenhen. Haiche poucos povos tan cobardes como o espanhol, e poucos que se permitan o luxo de desfacerse dunha loita revolucionaria tan fermosa como foi a defensa da república frente o fascismo; pero este fin de semana esa panda de carcas e conservadores demostraron que poden dar unha volta máis, chegar un chisco máis lonxe.
Non digo nada polo feito de que uns cristianos radicalizados (imos comenzar a utilizar o termo na súa xusta medida) levaran as bandeiras franquistas diante do vaticano para pedires a beatización dun punhado de fascistas; iso vai con eles, tenho conciencia de que ahí non che hai moito para facer.
O que non remato de entender é o por qué non se puxeron en pe os restantes habitantes dese país,¿ cómo se pode viver sen sentir un mínimo de furia pola inxusticia? ¿cómo se pode aturar a uns políticos dicer que a lei da "memória histórica" rompe espanha (ja,ja, ja!!!!) e permitirlhes, a esos mesmos políticos, a beatificación de 450 fascistas en nome da paz de españa? 450 fascistas que, ademáis, califican coma mártires da guerra.
E ahí están, os e as españoles e españolas a beber, comer, viaxar e pagar a sua hipoteca. A malviver sen dignidade, porque haiche que ser moi pobre de espíritu e moi langrán para non molestarse por isto.
quarta-feira, 26 de setembro de 2007
Pantasmas e mentiras

Levo anos a me escoitar diciendo o mesmo, moitos anos mirando cara o meu ombligo para ver sempre os mesmos defectos; non che hai forma de cambiar os????? semelha que non, ou non quero, ou non podo ou gosto de seren tan patéticamete débil.
Haiche que ser moi forte para afrontar a verdade, habitualmente cada un de nos, eu ao menos, vivo nunha mentira consciente, (igual que fan as personaxes de Onetti, non che é unha invención minha); a realidade está alí...pero ela é demasiado forte para áfrontar a, así que un/ha colócase a nebulosa da incertidume, nas múltiples posibilidades que nos ofrece a razón cos seus desvaríos, e comenza a ver a película en proyección....consciente de que está sentada a contemplar pero demasiado atemorizada.
Co tempo as mentiras da razón xa non tenhen senso, porque a verdade deixa de doer; pero entón estaremos entretidos noutra mentira diferente, esencial para o noso ego nese momento.
Eu ando últimamente a crer nunha amistade caseque imposibel (o cáseque é parte da sinrazón razonada?), porque é demasiado difícil reconhecer que estiven sumerxida nos derradeiros tres anos nunha realidade estrambóticamente inorgulhosa; ou quizáis a mentira sexa a imposibilidade da amistade para xustificar unha dor que non lisca máis; haberá que esperar para saber ónde está realmente a verdade e ónde a mentira, ónde me estou amentir??? Seino...non o sei, seino..non o sei....
É un xogo da minha testa, vou comenzar a entender iso da razón da sinrazón....coma dicía Cervantes.
sexta-feira, 21 de setembro de 2007
Pantasmapupas

Á Chula das Pupas acércanselle as pantasmas do pasado: uhhhh!!!! uhhhhhh!!!!!
Venhen disfranzando angoxas novas, é máis fácil pensar no pasado que no futuro; e porque Pupinhas non gosta de se desfacer de nada, gosta de reter as lembranzas dentro, polos séculos dos séculos até de tanto pó que pinhan quedan ocultas nalgures.
Agora vai....
segunda-feira, 10 de setembro de 2007
Así é
Mira para un lado, mira, mira, mira para o outro!!! Sempre hai que andar a mirar oredor, xente, xente, xentinha que pasa e que fica en tí ; ves xente que se alonxa e hai que deixar a ir, todos/as debemos caminhar o noso ritmo, abandonar as carencias, recuperar os anhelos.... unha mira e non quere entender, ainda que entenda.
Moitas veces non hai forma de ponherse no lugar dos demáis, non podes facer suposicións sobor do desconhecido...pero podes ver as evidencias e actuar na
consecuencia..xa está, para eso nos sirve a razón, non para comprender, só para analizar...
consecuencia..xa está, para eso nos sirve a razón, non para comprender, só para analizar...Vou durmirrrrrr
segunda-feira, 3 de setembro de 2007
Cartos

Son cousas raras as mentes humáns, somos capaces de nos convencer de case calquer cousa que se nos antolhe, non tes algo de medo de tí mesma/o?, eu sinto arrepios, pero igual miro cara outro recuncho no instante de reconhecer unha crítica.
Vivimos en mundos de abundancia, acó arriba, pero para manter a nosa abundancia, para xerar máis disto, debemos convencer os demáis de que o melhor do mundo e mercar, mercar e mercar. Así lhes inflinximos os países máis "pobres", ( pobres pola nosa culpa, pobres no noso sistema), que nestes lares vivimos de medo, a morrer de felicidade. E eles venhen, venhen a conquistar o sonho das américas, (das américas europeas) a trabalhar de esclavos, a ganhar unha merda, a morrer no intento...
Como remate final desta sinrazón, agora sae unha lei que permite ponherlhes una camisa de forza a aqueles inmigrantes repatriados, ponherlhe a camisa de forza no avión de volta as suás casas, de volta o inicio, en avión Iberia...hostias!!!!
O culmen, o punto final, o estado superior da inxusticia argumentan que esta lei sae para protexes os inmigrantes de morrer debido as súas teimas por ficar.
Reproduzo: "El Pais" 3 de octubre 2007
".... han colaborado en la elaboración de la norma, que consideraron vital tras el caso
Aikpitanhi, quien falleció amordazado tras resistirse violentamente a la expulsión en un vuelo comercial en el que se le devolvía a Nigeria escoltado por tres policías, dada su corpulencia."
Arrediola, era King Kong?, Cómo fai unha persoa para morrer amordazada? eche un enigma de mago.
quarta-feira, 22 de agosto de 2007
Nino

Hai che vou, a me bater coma unha conga; pra li, pra la, pra aká, pra kí. Este fin de semán morreu o Nino e con él un chisco de min, aquela coa que me saía a ledicia de che poder dar uns mimos sentado no colo a ronronear. Tenho unha semiincomunicación-introspectiva nas entranhas dende fai tempo, guiada por diversas mancheas de incertidumes; agora síntome un chisco máis preto de min, na soedade desta dor que non se pode compartir. Escoito música a todo volumen procurando encher un hoco, unha parte de min que non se manifesta, unha parte a que che que da por ponher nos demáis necesidades que non poden cumplir.....E, de repente, un dos meus pilares de cotidiano agarimo desaparece da parte alta da Rambla,alí, na saída do FNAC, de fronte da porta...unha das minhas miradas de Barcelona desaparece para sempre.... Un bico,meu rei!!!!!
Subscrever:
Mensagens (Atom)