terça-feira, 6 de abril de 2010

O opio do pobo


Naces, vives, creces nunha sociedade que che di que a relixión é o opio do pobo, estrano, un chisco, que esta sexa a única frase que ainda nos quede de Marx; non debería isto facernos pensar que detrás ha algo que o poder quere de nós?
imposibel para min pensar na existencia dun Deus, tanto mamar que nao ha Deus, que Deus é a mesma cousa que o cristianismo, ainda que quixera nao podería elexir esta opción, tenho a mente demasiado formada no racionalismo, tanto, que me perdo sempre que procuro escoitar as minhas realidades sensoriais.
As occidentais cóstalhes entender cómo é que o mundo árabe crea sen reservas nun Deus, a sociedade occidental pensa que andan equivocadas aquelas que cren nun Deus, e digo eu, nao é iso parte do noso constante colonialismo?
As occidentais pregúntase: cómo é posibel que crean nun Deus?
As árabes pregúntanse: cómo é posibel vivir sin creer nun Deus?
Nao será que cada unha de nós crece nunha idea reiterada?
E, de todas formas: nao é certo que a razón é unha relixión? nao é certo que a Razón, sinónimo de verdade, (o cal da para pensar un anaco) ten o primeiro axioma de todas as relixións: o que está fora de min nao existe.
Nao é certo que a Razón basa os seus mandamentos nos dereitos humans? que nao respetamos.
Nao é certo que nos fan pensar que somos superiores socialmente gracias a Razón? non crecemos coa idea de que ela fai de nós os herdeiros da verdade?
Temos relixión en occidente?
P.D- A suposta posibilidade de elección occidental nao é máis que convivencia de duas relixións, a do pasado e a do presente.

Sem comentários: