Tenho quizais o ouvido demasiado orientado últimamente, pero non fago maís que escoitar mulher asociada a guapa; escoitas a radio, hai unha entrevista home-mulher, cal é o primeiro comentario: "que fermosa que estás hoxe!", vai aparecer unha mulher nun plató da t.v cómo apresentan: "unha fermosa mulher"; o outro día presentáronme a unha companheira de curre o seu primeiro comentaario: "qué guapa es!". Ser mulher está sublimemente condicionada a ser guapa, se non es guapa non tes presencia, de Alfonsina Storni din os libros de literatura que "non era guapa" e eu pregúntome, cómo se fai para definir a beleza?, quempuxo as normas? ónde están escritas? ónde as podo ler para definirme?.Cando se presenta a un home nunca aparece a palabra guapo: "Hoxe temos aquí ao rokeiro fulanito, guapísimo coma sempre".
Son consciente de que isto que estou a dicer é unha obviedade,tudus sabemos...pero, ainda así, a pesares de que tudus sabemos seguimos a escoitar o, e a creer o... así que non semelha unha obviedade tan obvia.
Foto: Alexandra Boulat.