As cidades tenhen vida propia, eso din, ainda que a mín Bracelona seméllame un cúmulo de olores de todas partes que non rematan de forman un único son; penso que é unha cidade vendida, vendida á modernidade, ó turismo, as ganas de facerse un hoco en Europa; os xóvenes occidentais visitan Barcelona como inicio dun periplo existencial que despois lles levará a Londres, París e Berlín.
Hoxe cambiei de cidade, estou no sur nunha pequerrecha cidade último bastión dos árabes; ten un perfume repartido que fai pensar; hai duas Granadas, está a Granada do Albaicín, Realejo, chea de alternativos, de guiris, de inmigrantes árabes cos seus falafes, shawuarmas e tes e a Granada do Zaidín, Recogidas, La Chana... repletinhas de persoas que pouco tenhen que ver conmigo, anclada uns cincuenta anos atrás: obsesión pola beleza, polo matrimonio remunerado,....; é consecuencia do pouco traballo que hai na zona, e evidentemente non se pode reprochar, porque forma parte da historia, da cultura que cae sobor de todos/as nós e que ningún/ha domina.
Todas/os nós temos moito que caminhar, cada un/ha fai una revolución propia que no meu caso semella non chegar a ningures. Debemos buscar a paz interior dentro dunha maranha de obsequios educativos, culturales,... que nos deixan "abambaneando" no abismo da histeria, pero, debo ser sinceira, nesta cidade eu vivo case sempre da praza Bibrrambla para arriba; evidentemente quizáis vivo alí enganándome a mín mesma o quizáis fuxindo de mín mesma o pode ser que tan só guiada por un perfumo de liberdad.
1 comentário:
hey, me entran ganas de ir a Granada y acompañarte en la sensación. Un abrazo enorme, desde donde siempre, donde no huele a nada en particular.
Enviar um comentário