sábado, 5 de dezembro de 2009
El poder
El poder establece a una por encima de la otra, en cualquier realidad, en cualquier estracto, individual y socialmente, el poder te hace pensar que eres mejor, que eres más inteligente, que posees el don supremo de la sabiduría...
En occidente se nos educa para ser egocentristas con nuestra sociedad, somos las mejores, tenemos lo mejor, nada hay fuera de nosotras, nada fuera de nuestra cultura, nuestra cultura es la universal, nuestros principios los básicos, nuestras normas las buenas....tenemos el poder.
Si alguien me pregunta qué es lo que menos me gusta de Egipto debo responder "los extranjeros", me irrita que creamos que podemos criticar lo que desconocemos, que hagamos juicios a medias basados en experiencias a medias, que cerremos los ojos a todos nuestros múltiples errores culturales para pongamos círculos de colores a las supuestas rarezas de las demás, me molesta tener siempre que escuchar el discurso de la crítica y tan pocas veces el discurso de la admiración.
Pertenece al colonialismo, es parte de nuestro pasado y presente colonial.
Photo: Kris Pannecoucke
quinta-feira, 8 de outubro de 2009
Xa que podo sonhar nao estou tola. Leolo
Fai un murikinho de anos, cando era bem pequena decidín un día nao deixar de confiar, nao perder nunca a inocencia, tarefa imposibel?!
Pérdese a inoncencia cando se perde a capacidade para sonhar, pérdese a capacidade para sonhar cando se perde a capacidade de confiar; é asím a nosa vida, ou a nosa sociedade teóricamente racional. Ha sempre que andar protexida, ha sempre que gardar un espacio cerrado no que ninguém poida entrar, unha música que che faga feliz e que só ti conhezas, unha actividade que te permita perderte nela sen necesidade de pensar en ninguém máis, un espacio de soedade autosuficiente.
"A enemiga é a outra", isto é a pérdida total da inocencia, protexerte para sobrevivir, de qué merda nos sirve a racionalidade? qué tipo de superioridade nos da?
Pero, podemos realmente sobrevivir sen protexernos? podemos sobrevivir sen marcar límites? podemos esquecer o orgulho?...quizáis, quizáis si procuramos certa paz de espíritu podamos viver sen depender das accións alheas, pero, nao é iso protexerse?
Vai pra ti minha rula loira, para que me aconselhes, porque sei que me lees e sei que andas polos caminhos da filosofía, o amor fai dano, crea, por pequenas cousas unha dor inmensa que te paraliza.
Foto:Svetlana Bahchevanova
sábado, 25 de julho de 2009
Parte de min
Un chisco de min en cada parte, un chisco de min con cada persoa que quero, vou pr´aquí, vou pr´alí, vou de un lado o outro notando o valeiro das ausencias.
Debería poder parar a minha vida onde queira cando queira pero vou levada por ventos de outras persoas as que tamén quero e que tamén remata sendo ausencias.
As veces os encontros rematan sendo tamén reencontros e aburinhos( obrigada Cleopatra minha, quérote).
Ta bom...será o hashis, o galegismo, a caida en picado a realidade...calquera cousa levou de mín hoxe a ledicia da viaxem.
Foto: Antonio de Vico
domingo, 19 de julho de 2009
Axuda
Para qué sireve unha man?
Tendes unha man e destendes a cando a túa man remata consumida nas mans do outro...
Nao sei....nunca sei....egoismo, complexo de maternidade educacional que che fai sentir mala persona porque protexes a túa intimidade...cabreos sen fin, sempre tenho cabreos sin fin... para él eu gosto de me cabrear, para min el vive nun mundo de machismo incorporado ate a saciedade....difícil que algunha das duas comprenda.
Foto Natalie Behring
quinta-feira, 4 de junho de 2009
Occidente
Fai tempo que alucino coa palabra "razón", razón é igual a pensamiento elaborado con lóxica e é igual a verdade; esta dicotomía semántica nao é aleatoria, penso eu, defínenos mentalmente como poseedores da verdade máis absoluta que se restrinxe dentro do pensamento lóxico.
É o primeiro mandamento das sociedades laicas :"O que está fora da razón nao existe", "Nao ha máis Deus que Deus".
Ela unida ao poder dos cartos establece: a nosa evolución coma a única boa, o noso pensamento como o único correcto, e todas nos como parte da única verdade universal. O pensamento occidental como un eterno colonizador.
Por iso cando unha occidental sae da súa casa para ir conhecer casas axeas nao segue normas de respeto míninas. Cando vas conhecer a outra quizais deberías sentirte como unha invitada, mirar, respetar,....pero nos imos coa idea na testa de ter esta verdade universal que establece que o que eu aprendín é a verdade e vouche ensinar as verdade a ti, que es inferior, que nao tes a minha intelixencia, que nao te rixes polo laicismo,.....e, nesta cadea de incongruencias rematamos en.... que nao podes levar minisaia.
O pensamento colonial está dentro de cada unha de nos, forma parte da nosa educación primaria, está tan dentro de nos que as veces nao o podemos distinguir.
Foto:
Michela Taeggi.
domingo, 10 de maio de 2009
As minhas limitacións
O outro día fun a un concerto chamado S.O.S, e pasoume unha cousa que me encantou.
Tocaba un grupo que se chama Speed Caravan,(son un grupo de punk) empecei a mirar a xente que estaba a escoitar o concerto e fiquei abraiada cando vin a unha rapaza con velo rosa bailando estasiada ante a música, pensei: "Ónde están as limitacións do velo aquí dentro de min ou alí fora, nelas? "
quarta-feira, 22 de abril de 2009
Procesos
Procesos, etapas, evolucións, involucións,....neso ando eu, para diante para atrás, para un lado e para outro, a facer malabarismos para nao caer en histerias, negacións,paranoias, retrocesos ou cansancios indefinibeis....
Hai un murikinho de outras o meu redor....máis outras das que xamáis tenhan convivido conmigo, nao me reconhezo, quizáis eu precise de me mirar noutra para ter existencia....pu,pu...nestas ando a pensar cada nova cousa, todo é un nudo que leva a outro nudo, que dentro ten un outro nudo, quizáis o final remate crendo no big bang,....
As veces venme a lucidez (ou a complacencia) de pensar que todo tenha un por qué, que ti estas ahí para demostrarme a ónde tenho que ir, que esta de máis andar a se preocupar tanto se despois as cousas vanse ponher no seu lugar elas sosinhas.
Nao sei!!!!!!
Foto: Antonio Di Vico
quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009
Vou....
Ando estresadísima eu...perder o tempo a falar coas amigas...dame mal de conciencia, porque debería andar a estudar, é che unha cousa...que me produce unhas olheiras máis profundas das que tenho a cotio.
Nao debe ser unha cousa da cidade, penso, porque aquí as cousas acostuman a ir de vagar... as veces chego tarde as aulas e ponho o turbo a occidental e vou esquivando transeuntes, é unha técnica de caminho europea, torcer, esquivar, adiantar a unha persoa nun segundo.....nese preciso momento todas saben que eu nao son de aquí, elas caminhan de vagar, nao ha problema se chegas tarde...é normal ( o malo é que eu chego tarde igualinho, tenho que correr porque xa levo 15 minutos de retraso para as aulas).
Tampouco existe esa necesidade imprescindible de exprimir as forzas, ha cinco persoas para facer o trabalho que alí farían duas...
Sempre que entro no banco para cobrar o meu cheque de trabalho europeo ilegal con visa de turista, atopo o mesmo home sentado nunha mesa onde nao ha nada; só el, a mesa e unha libreta, miroo e remiroo para saber a qué se adica, cál é a sua labor alí. El mira a xente pasar de una lado para outro, abre o caixón que ha na sua mesa e nunca saca nada, mira o reloxio e volve a mirar a outra persoa que pasa en sentido diferente..de cando en cando fai un xesto coma que vai dicer algo, máis nada di...Hoxe no banco tiven que trucar cartos e entón, suoben a súa función, é o poseedor dos bilhetes estranxeiros.
A momentos en que gosto inmenso estar aquí; subo as escalas do metro e ha unha discusión, dous discuten e vinte miran, antes de entrar no banco ha cinco homes descansando o redor de un auto, un deles está sentado enriba do meleteiro, miro arriba é vexo a fiestra aberta dunha perruquería, ha unha paz na rúa, un aire de colectividade....

terça-feira, 10 de fevereiro de 2009
mirasme ou mirote???
Últimante ando a me preguntar se nao ha un chisco de colonialismo en isto de querer conhecer a outra.Unha tradición dentro das nosas costumes vir a mirar cómo é o desconhecido. Que despois conleva xuzgar o desconhecido...
Dende que estou aquí(no cairo) síntome unha perpetua estranxeira, entro no metro e todos os olhares venhen a min, son un bicho raro, venho para mirar e son a mirada.
É unha ironía da realidade.
Dende que estou aquí(no cairo) síntome unha perpetua estranxeira, entro no metro e todos os olhares venhen a min, son un bicho raro, venho para mirar e son a mirada.
É unha ironía da realidade.
Subscrever:
Mensagens (Atom)