quinta-feira, 27 de março de 2008

Mulher feita rato.....rato feito mulher-familia



Ìa eu hoxe paseando, tararín, tararero, pola FNAC do Porto, adaptándome as modernas bibliotecas...tralarín tralarero, a mirar ratos para o meu minhocas que anda necesitado dun, hai ratos para nenas con dibuxos do Walt disney, ratos de cores...e ratos con camisolas de equipas de futbol...tralarín, tralarero...sigo a abraiarme con estas cousas do disenho...pero...tralarín tralarero!!!, e, de súpeto, vete aquí que se me parou o mundo, decatome de que o rato coa camisola da equipa de italia tinha tetas e cú, tetas e cu!!!!as tetas na parte de diante, onde clicas para entrar nuhna páxina e para abrir o comando de "pegar e colar", cu onde inclinas a palma.... no medio unha cinturinha algo inclinada hacía a dereita...non souben que facer, en verdade non acreditaba!!! non acreditaba!!
Saín disparada para a sección de libros na procura de algo escrito por mulheres, non sei...debería ter corrido cara o mostrador da páxina de reclamacións...pero non....fun parar a sección de mulheres e familia!!!!! mulheres e familia!!!! isa é toda a sección feminista que tenhen... esta tarde pregunteilhes as minhas estudantes si había na cidade algunha librería especializada en temas femeninos,- cómo?, dixeronme, non entendemos qué procuras. Temas escritos para mulheres, de mulheres, temas de xénero- dixem...- Non temos diso, contestaron. Terei que preguntar noutra parte, porque, na verdade, ser mestra de espanhol ( esa bonita linghua!!!) fai que remates dándolhes aulas a lo más "chic-conservador" del panorama local o internacional...e alí non hai moito que escudrinhar, ainda que de todas podes aprender algunha cousa.

Demos gracias al Dios que gobierna occidente de que el machismo no pulula en demasia por nuestros hermosos lares repletos de libertades, no dicen eso nuestras voces bien-pensantes? !!!!!!

terça-feira, 4 de março de 2008

A teimar

Un colega físico díxome non fai moito que dentro das ciencias hai unha lema: "Si o podes medir è que estàs nun erro", eu, que ando sempre coa teima de teimar sobre occidente, ando, ( simbó-
licamente porque na realidade estou pechada nunha habita) a estudar a gramática da espanha dende o seu ponto de vista máis convencional. A linguaxe é complexa en caseque todas as linguas, pero hai moitas cousas que non rematan de ser moi claras para mín:

"Trabaja mucho pero no consigue trabajo" é unha oración coordinada porque si lhe quitas o enlace as duas frases tenhen senso propio.
"A pesar de que trabaja mucho no consigue trabajo" é unha frase subordinada concesiva, a pesar de que si lhe quitas o nexo as duas frases seguen a manter o senso, podes explicar o polo senso restrinxivo, (unha depende doutra polo senso, ainda que eso nada ten que ver co anterior razonamento estructural); podes dicer moitas outras cousas e teorías diferentes que eu ainda non achei, de seguro que algunha de vos mo podería dicer...pero de forma lóxica, levada pola razón (terribels connotacións este vocablo!!!)máis pura eu non remato de cuadrar o puzle.
A ciencia é o gran adianto de occidente, está tan orgulhoso dela como da modernidade, de feito, unha non podería ser sin a outra. Todo pode ser medido pola razón, todo entra dentro dos límites do pensar, da multitude de enlaces que explican ate o derradeiro recuncho... pero, quizais, todas as nosas cavilacións estén erradas, quizáis a razón xustifícase con incongruencias, coma unha rede de sinrazóns que se afunden dentro dela mesma.
Qué lhe queda a occidente sensa a razón? qué novas fronteiras de pensamento poderíamos explorar si negamos a primacía da razón?

Foto: Alexandra Boulat.