Levo anos a me escoitar diciendo o mesmo, moitos anos mirando cara o meu ombligo para ver sempre os mesmos defectos; non che hai forma de cambiar os????? semelha que non, ou non quero, ou non podo ou gosto de seren tan patéticamete débil.
Haiche que ser moi forte para afrontar a verdade, habitualmente cada un de nos, eu ao menos, vivo nunha mentira consciente, (igual que fan as personaxes de Onetti, non che é unha invención minha); a realidade está alí...pero ela é demasiado forte para áfrontar a, así que un/ha colócase a nebulosa da incertidume, nas múltiples posibilidades que nos ofrece a razón cos seus desvaríos, e comenza a ver a película en proyección....consciente de que está sentada a contemplar pero demasiado atemorizada.
Co tempo as mentiras da razón xa non tenhen senso, porque a verdade deixa de doer; pero entón estaremos entretidos noutra mentira diferente, esencial para o noso ego nese momento.
Eu ando últimamente a crer nunha amistade caseque imposibel (o cáseque é parte da sinrazón razonada?), porque é demasiado difícil reconhecer que estiven sumerxida nos derradeiros tres anos nunha realidade estrambóticamente inorgulhosa; ou quizáis a mentira sexa a imposibilidade da amistade para xustificar unha dor que non lisca máis; haberá que esperar para saber ónde está realmente a verdade e ónde a mentira, ónde me estou amentir??? Seino...non o sei, seino..non o sei....
É un xogo da minha testa, vou comenzar a entender iso da razón da sinrazón....coma dicía Cervantes.