quarta-feira, 22 de agosto de 2007

Nino


Hai che vou, a me bater coma unha conga; pra li, pra la, pra aká, pra kí. Este fin de semán morreu o Nino e con él un chisco de min, aquela coa que me saía a ledicia de che poder dar uns mimos sentado no colo a ronronear. Tenho unha semiincomunicación-introspectiva nas entranhas dende fai tempo, guiada por diversas mancheas de incertidumes; agora síntome un chisco máis preto de min, na soedade desta dor que non se pode compartir. Escoito música a todo volumen procurando encher un hoco, unha parte de min que non se manifesta, unha parte a que che que da por ponher nos demáis necesidades que non poden cumplir.....E, de repente, un dos meus pilares de cotidiano agarimo desaparece da parte alta da Rambla,alí, na saída do FNAC, de fronte da porta...unha das minhas miradas de Barcelona desaparece para sempre.... Un bico,meu rei!!!!!

sexta-feira, 10 de agosto de 2007

Muriko


É unha regla clara que o egoismo é o maligno neste mundo??? Da pra pensar, non é??? No difícil dilema de axudar a alguén que está na desesperada a te afundir e salvarte a tí mesmo/a, cal é o caminho ético a seguir...???
Podes ficar alí, a comprender, porque comprender, comprender, o que se dí comprender...todos/as somos comprensibeis, dende Gandhi até o último torturador do mundo; a mirar cos ollinhos de amor a quen che fai dano por necesidade, por seren incapaz de reaccionar ante o mundo doutra maneira. " Ehhh...- pensas", e alí andas a te magulhar, a deixar que te magulhen levada por o sentimento supremo da comprensión, da bondade,.....
Nesta soedade de yin e yan, comprender non é compartir, condescender, permitir...ou, simplesmente non todo se pode comprender...e o yin-yan pendular tórnase na contra da razón; dende o profundo da alma sae unha garra de egoismo, o contrario da comprensión, a defenderte.