terça-feira, 23 de janeiro de 2007

Unha vai e mira; mira que te mira mira que te revira.. pero non se ve nada de novo, unha fala e fala e refala e vai na procura dunha comprensión, dun ponto de partida para a non door, pero nada disto é posibel, as palabras non enchen os ocos deixados por tantos silencios... non se pode facer nada e a unha lle queda o valeiro, o valeiro do imposibel: Eu quero, eu quero, eu quérote e quero ser feliz....; pero semella que as duas cousas non se poden, nos non podemos....
É difícil, moito difícil deixar atrás o que queres, e difícil, dende a nosa mentalidade occidental, evidenciar o fracaso ante nos mesmos.
Pero unha/un fracasa e volta a fracasar, refracasa...sempre hai un comenzo e un final....aimda que o comezo e o final son partes do mesmo círculo, son parte de tí mesma.
Vou sentar no caminho a ver si me curo das feridas, dos moratons de tanto pranto.

quarta-feira, 3 de janeiro de 2007

Hussein.


As veces unha ponse a mirar as noticias por internet, polo tele, polos periódicos, (alternativos ou non), e decátase, de súpeto, da manipulación do PODER na que estamos inmersos. En verdade de teren os ollos abertos sería consciente a cotio do mundo no que vivimos, pero o hábito e pechar os, cada un/ha que se xustifique como mellor lle venha en gana.
O asesinato de Sadan Hussein é unha desas noticias que me fixeron decatarme, novamente, deste PODER que está ahí para asoballarnos e para vendernos verdades por mentiras e mentiras por verdades.
¿Por qué E.E.U.U entregou a Hussein si sabía que o entregaba a unha morte segura?,
¿Cómo é posibel que un goberno de facto gobernado por E.E.U.U poida levar a cabo unha ejecución sen o seu permiso?
¿Porqué os países europeos ou a O.N.U, non ten posto o grito no ceo, ónde está esa grande ética que tanto presumen?.
Son consciente de que istas frases son como un grao de area, ou bosta de vaca no desexo de cambiar as cousas, pero non estaría a gusto coa minha conciencia si non tivera deixado iste comentario no océano.