terça-feira, 6 de abril de 2010

O opio do pobo


Naces, vives, creces nunha sociedade que che di que a relixión é o opio do pobo, estrano, un chisco, que esta sexa a única frase que ainda nos quede de Marx; non debería isto facernos pensar que detrás ha algo que o poder quere de nós?
imposibel para min pensar na existencia dun Deus, tanto mamar que nao ha Deus, que Deus é a mesma cousa que o cristianismo, ainda que quixera nao podería elexir esta opción, tenho a mente demasiado formada no racionalismo, tanto, que me perdo sempre que procuro escoitar as minhas realidades sensoriais.
As occidentais cóstalhes entender cómo é que o mundo árabe crea sen reservas nun Deus, a sociedade occidental pensa que andan equivocadas aquelas que cren nun Deus, e digo eu, nao é iso parte do noso constante colonialismo?
As occidentais pregúntase: cómo é posibel que crean nun Deus?
As árabes pregúntanse: cómo é posibel vivir sin creer nun Deus?
Nao será que cada unha de nós crece nunha idea reiterada?
E, de todas formas: nao é certo que a razón é unha relixión? nao é certo que a Razón, sinónimo de verdade, (o cal da para pensar un anaco) ten o primeiro axioma de todas as relixións: o que está fora de min nao existe.
Nao é certo que a Razón basa os seus mandamentos nos dereitos humans? que nao respetamos.
Nao é certo que nos fan pensar que somos superiores socialmente gracias a Razón? non crecemos coa idea de que ela fai de nós os herdeiros da verdade?
Temos relixión en occidente?
P.D- A suposta posibilidade de elección occidental nao é máis que convivencia de duas relixións, a do pasado e a do presente.

quarta-feira, 3 de março de 2010

Bakiza



O Cairo está cheo de ghatas, as duas semáns pasadas foron época de celo, podes saber os porque as escoitas, e ves os gatos pelexar entre eles nas rúas, despois ven a época da cría e logo chega o abandono, as naes abandonan as crianzas, pe lei de vida.
Bakiza apareceu unha noite maulhando sen parar debaixo dun auto, dous días despois estaba plácidamente instalada no posto na rúa de Mohammed, Mohammned vende froitas na rúa, Mohammed, o dono da tenda, os empleados da tenda de perfumes máis eu coidábamos de Bakiza.
Fai tres semáns Bakiza foi atropelada por un auto na noite.
Bakiza é nome de femia, dende logo que ela tinha cara de femia, pero Bakiza resultou ser un home.

quarta-feira, 24 de fevereiro de 2010

Sabes ti quem es?


Ate onde chegas ti? ate onde as demais? que parte de ti conheces? que esperas? que vai pasar manha?
Levo tantos anos a me preguntar quen son e outros tantos a verme os defectos repetidos, ha que asimilarse, tamen ha que aprender a avanzar, un pasinho e menos ponzonharte, mirarte pra dentro, Chulinha das Pupas e descubrir que detrsa de todo o que vives sempre estas ti, eso es ti, o que vives, o como o vives, o que fas.



Photo: Alejandra Boulat

terça-feira, 12 de janeiro de 2010

europeizadas


Vives na europa, críaste na europa, formas parte dunha cultura que te da forma, da que nao podes escapar e da que en moitas ocasións nen tan sequera es consciente.
Levo máis dun ano a vivir aquí, nunha cultura que nao me pertence, na que todos os mecanismos me son alheos, as persoas son iguais en todas partes pero a cultura que as forma é diferente; eu podo saber por qué unha persoa ten determinado comportamento en europa, podo entender a mini saia, a necesidade de seren diferente, a necesidade de manifestar abertamente o qué es ou o qué sintes; aquí todo me é alheo, o higab, a galabeia, as cousas permitidas no silencio, a existencia de duas linguas...
Unha das cousas que aprendes cando andas por fora, (ese estrano dereito tan europeo que é ir mirar cómo é a outra está incrustado en mín)é que nas europas mirámonos o ombligo, nao somos moi capaces de olhar dende outra perspectiva, de posicionarnos dende a outra para entender a; naces e creces nunca cultura que che dí que o teu pensamento é único e verdadeiro, cómo vas pensar que as cousas tenhen máis matices?
Antes de xuzgar, antes de facer un pensamento crítico sobor oriente, sobor do mundo árabe, debo facer un pensamento crítico sobor de min, sobor da minha cultura.

Photo: Katja Heinemann

sábado, 5 de dezembro de 2009

El poder


El poder establece a una por encima de la otra, en cualquier realidad, en cualquier estracto, individual y socialmente, el poder te hace pensar que eres mejor, que eres más inteligente, que posees el don supremo de la sabiduría...
En occidente se nos educa para ser egocentristas con nuestra sociedad, somos las mejores, tenemos lo mejor, nada hay fuera de nosotras, nada fuera de nuestra cultura, nuestra cultura es la universal, nuestros principios los básicos, nuestras normas las buenas....tenemos el poder.
Si alguien me pregunta qué es lo que menos me gusta de Egipto debo responder "los extranjeros", me irrita que creamos que podemos criticar lo que desconocemos, que hagamos juicios a medias basados en experiencias a medias, que cerremos los ojos a todos nuestros múltiples errores culturales para pongamos círculos de colores a las supuestas rarezas de las demás, me molesta tener siempre que escuchar el discurso de la crítica y tan pocas veces el discurso de la admiración.
Pertenece al colonialismo, es parte de nuestro pasado y presente colonial.


Photo: Kris Pannecoucke

quinta-feira, 8 de outubro de 2009

Xa que podo sonhar nao estou tola. Leolo


Fai un murikinho de anos, cando era bem pequena decidín un día nao deixar de confiar, nao perder nunca a inocencia, tarefa imposibel?!
Pérdese a inoncencia cando se perde a capacidade para sonhar, pérdese a capacidade para sonhar cando se perde a capacidade de confiar; é asím a nosa vida, ou a nosa sociedade teóricamente racional. Ha sempre que andar protexida, ha sempre que gardar un espacio cerrado no que ninguém poida entrar, unha música que che faga feliz e que só ti conhezas, unha actividade que te permita perderte nela sen necesidade de pensar en ninguém máis, un espacio de soedade autosuficiente.
"A enemiga é a outra", isto é a pérdida total da inocencia, protexerte para sobrevivir, de qué merda nos sirve a racionalidade? qué tipo de superioridade nos da?
Pero, podemos realmente sobrevivir sen protexernos? podemos sobrevivir sen marcar límites? podemos esquecer o orgulho?...quizáis, quizáis si procuramos certa paz de espíritu podamos viver sen depender das accións alheas, pero, nao é iso protexerse?
Vai pra ti minha rula loira, para que me aconselhes, porque sei que me lees e sei que andas polos caminhos da filosofía, o amor fai dano, crea, por pequenas cousas unha dor inmensa que te paraliza.


Foto:Svetlana Bahchevanova

sábado, 25 de julho de 2009

Parte de min


Un chisco de min en cada parte, un chisco de min con cada persoa que quero, vou pr´aquí, vou pr´alí, vou de un lado o outro notando o valeiro das ausencias.

Debería poder parar a minha vida onde queira cando queira pero vou levada por ventos de outras persoas as que tamén quero e que tamén remata sendo ausencias.

As veces os encontros rematan sendo tamén reencontros e aburinhos( obrigada Cleopatra minha, quérote).

Ta bom...será o hashis, o galegismo, a caida en picado a realidade...calquera cousa levou de mín hoxe a ledicia da viaxem.
Foto: Antonio de Vico