terça-feira, 12 de janeiro de 2010

europeizadas


Vives na europa, críaste na europa, formas parte dunha cultura que te da forma, da que nao podes escapar e da que en moitas ocasións nen tan sequera es consciente.
Levo máis dun ano a vivir aquí, nunha cultura que nao me pertence, na que todos os mecanismos me son alheos, as persoas son iguais en todas partes pero a cultura que as forma é diferente; eu podo saber por qué unha persoa ten determinado comportamento en europa, podo entender a mini saia, a necesidade de seren diferente, a necesidade de manifestar abertamente o qué es ou o qué sintes; aquí todo me é alheo, o higab, a galabeia, as cousas permitidas no silencio, a existencia de duas linguas...
Unha das cousas que aprendes cando andas por fora, (ese estrano dereito tan europeo que é ir mirar cómo é a outra está incrustado en mín)é que nas europas mirámonos o ombligo, nao somos moi capaces de olhar dende outra perspectiva, de posicionarnos dende a outra para entender a; naces e creces nunca cultura que che dí que o teu pensamento é único e verdadeiro, cómo vas pensar que as cousas tenhen máis matices?
Antes de xuzgar, antes de facer un pensamento crítico sobor oriente, sobor do mundo árabe, debo facer un pensamento crítico sobor de min, sobor da minha cultura.

Photo: Katja Heinemann