quinta-feira, 8 de outubro de 2009
Xa que podo sonhar nao estou tola. Leolo
Fai un murikinho de anos, cando era bem pequena decidín un día nao deixar de confiar, nao perder nunca a inocencia, tarefa imposibel?!
Pérdese a inoncencia cando se perde a capacidade para sonhar, pérdese a capacidade para sonhar cando se perde a capacidade de confiar; é asím a nosa vida, ou a nosa sociedade teóricamente racional. Ha sempre que andar protexida, ha sempre que gardar un espacio cerrado no que ninguém poida entrar, unha música que che faga feliz e que só ti conhezas, unha actividade que te permita perderte nela sen necesidade de pensar en ninguém máis, un espacio de soedade autosuficiente.
"A enemiga é a outra", isto é a pérdida total da inocencia, protexerte para sobrevivir, de qué merda nos sirve a racionalidade? qué tipo de superioridade nos da?
Pero, podemos realmente sobrevivir sen protexernos? podemos sobrevivir sen marcar límites? podemos esquecer o orgulho?...quizáis, quizáis si procuramos certa paz de espíritu podamos viver sen depender das accións alheas, pero, nao é iso protexerse?
Vai pra ti minha rula loira, para que me aconselhes, porque sei que me lees e sei que andas polos caminhos da filosofía, o amor fai dano, crea, por pequenas cousas unha dor inmensa que te paraliza.
Foto:Svetlana Bahchevanova
Subscrever:
Mensagens (Atom)