Fai tempo que alucino coa palabra "razón", razón é igual a pensamiento elaborado con lóxica e é igual a verdade; esta dicotomía semántica nao é aleatoria, penso eu, defínenos mentalmente como poseedores da verdade máis absoluta que se restrinxe dentro do pensamento lóxico.
É o primeiro mandamento das sociedades laicas :"O que está fora da razón nao existe", "Nao ha máis Deus que Deus".
Ela unida ao poder dos cartos establece: a nosa evolución coma a única boa, o noso pensamento como o único correcto, e todas nos como parte da única verdade universal. O pensamento occidental como un eterno colonizador.
Por iso cando unha occidental sae da súa casa para ir conhecer casas axeas nao segue normas de respeto míninas. Cando vas conhecer a outra quizais deberías sentirte como unha invitada, mirar, respetar,....pero nos imos coa idea na testa de ter esta verdade universal que establece que o que eu aprendín é a verdade e vouche ensinar as verdade a ti, que es inferior, que nao tes a minha intelixencia, que nao te rixes polo laicismo,.....e, nesta cadea de incongruencias rematamos en.... que nao podes levar minisaia.
O pensamento colonial está dentro de cada unha de nos, forma parte da nosa educación primaria, está tan dentro de nos que as veces nao o podemos distinguir.
Foto:
Michela Taeggi.