sexta-feira, 22 de agosto de 2008
Mi casa tu casa, Guantánamo
É a minha frase do mes.
Díxoma unha das minhas estudantes; preguntoume se se podían cantar cancións nas aulas, dixenlhe que si eran en castelán(son mestra da supermegalingua do orgulho patrio) por min non había nengún problema, entón díxome:
"Eu quero cantar unha"
"¡Canta!
"Mi casa tu casa, Guántanamo, la conoces"
Non, díxenlhe pero dende logo que a quero conhecer.
Este semán trouxo, por fin, o c.d. son un grupo árabe de Miami, Guantánamo é o estribillo da canción e repiten a palabra unhas vinte veces durante a canción, que é, maioritariamente, en inglés.
Pero iso non resta grandiosidade a frase, que para min é magnífica, unha invitación estupenda!!
Subscrever:
Mensagens (Atom)