
Xa sei que sempre digo que estou a escoitar barbaridades, pero, desta vez, de verdade, cheguamos o culmen.
Unhas das minhas compis de curro, (son superprofesora de la superlengua imperial castellana, como xa sabedes), estivo a viver en Angola co seu companheiro; eu non a conhecía, o outro día coincidimos todas a fumar un cigarro na saída da escola. Non lhe fora moi bem, semalha e tornou arrepiada.
Dicía que os chinos estaban a controlar o monopolio da construcción é que as construccións eran unha merda, que se desfacían co vento- sonoume raro ise desprecio polos chinos, de seguro que os franceses íanlhes construir palacios de cristal?-, pero seguín escoitando, raro en mín. Díxonos que podías pasar tres meses a espera de ter un ovo para facer unha tortilha, e tres meses máis si querías botarlhe un chisco de xamón.
E así de súpeto, soltou:
- Alí, comprendín o racismo. Aprendín a ser racista. Foi unha sorte para eles que foran esclavizados porque así, os que viven agora na Europa e na América poden saber que é a civilización, porque eles cómense uns os outros.
Como a vía da violencia, frecuente en mín, non da moito resultado e faime desgraciada, díxenlhe:
- Imaxino que tiveches que facer un bo trabalho de autocrítica antes de poder chegar a esa conclusión sobor de tí mesma.
E ela díxo:
Sí, xa sei que sona forte, pero cando cheguei vin todas as neveiras fechadas con candados e pensei, Eu paso de fechar a minha, pero tía, se non a fechas roubanche todo o que tes!!!
Escoito que a vía do diálogo tampouco vai a ningures...
Este tipo de opinións son antiéticas, nunca, baixo nigún motivo, baixo ningunha experiencia está permitido, na cabecinha de calquer persoa pensante, chegar a esta barabaridade!!!!
Por pensar...suponho que chegou alí con ganas de limpar o cu con cartos despois de cagar, namentras lhes da aulas de espanhol a élite que todo o rouba, suponho que non se lhe pasou pola maxín nin tan siquera mirar o redor por veres si había algo que poidese explicar tanta desesperación.
Nin que dicer ten que non confío en ningún dos seus pensamentos.