segunda-feira, 30 de julho de 2007

Dano

Ahí che vai Pupa- Chula a reflexionar sobor da dor, da súa dor, evidentemente; porque a dor persoal escenifica a dor xeral, e viceversa. Todos e todas andamos a vagar por un mundo movido polas mesmas insensateces, no teu recuncho ou na parte histórica da que formas partes.
Ela, minha parrula, que tende a deixarme devaluar, remata de vir da certidumbre de que sempre fica en tí un chisco do desprecio que te deixas inflinxir, esa idea de que non vales soa, de que dependes do outro/a.
E Chuchola à das Pupas pensa que vai ser melhor coidarse melhor, porque despoís venche esta enchenta de incertidume.

quarta-feira, 25 de julho de 2007

Antisemitisto

Acunhei unha nova concepción dista palabra nas minhas aulas de espanhol co supremo dereito-manipulador que me concede o desconhecemento das minhas alumnas, neste caso.
Argumentei que coma tanto o hebreo coma o árabe son linguas semíticas, en tanto en canto as duas culturas son semíticas o "antisemitismo" é agora o odio os xudeos e os árabes, ficaron flaseadas!!! pero a realidade non tardou moito en me conceder a "razón".
Non o podo evitar, dame por enrabiarme cos xornales e tenho que me conter para non ponherme en pé e comenzar a berrear....
"El País" de los pogres, publicaba hoxe varias de estas maravillas antisemíticas que pouco tenhen que ver cos xudios e menos cos sionistas.

"Trípoli logra de la U.E ventajas políticas y comerciales" Benita Ferrero- Waldner, la comisaria europea de Exteriores compara la dureza de la negociación con los regateos en un zoco árabe"

De novo a minha mente énchese de dúbidas existenciales, hai algunha diferencia entre regatear nun zoco árabe e nun zoco turco???? quizáis o árabe é máis duro ao regatear por culpa de seren unha lingua con muitas aspirantes ???? é duro regatear nos zocos? para quén?? non era o regateo, nos países que o tenhen, árabes ou non, un aliciente exótico fai uns anos?? Unha reunión da O.N.U é regateo?? ou aquí discutimos civilizadamente ponhendo enriba da mesa diversas propostas até chegar a un acordo intermedio, é dicer regatear, ti pides me isto para tí e isto para mí. Minha avoa regatea no mercadilho de Tui, podo considerar a unha integrista islámica pouco afeita as lindes democráticas????

Non tendo suficiente con isto, unha tal Ángeles Espinosa ofrécenos un pequerrecho artigo sobor das madrasas lugar onde: "en el cerrado mundo de las madrasas, los deseos se proyectan hasta hacerse convicciones y rara vez se cuestiona el ancestro". Son centros de perdición onde os rapaces non tenhen televisión nin internet, mánda caralho isto sí que é mirar hacia fora de occidente!!!!!! non me toques a pippp anxos querida, os nenos non necesitan t.v e internete para se divertir. O artigo non ten desperdicio.
"Durante los años 80 las escuelas coránicas de Pakistán se consideraban centro de entrenamiento de yihadistas que luego eran enviados a Afganistas" mal feito minha parrula, nos años 80 as escolas coránicas estaban ao noso favor, andaban a loitar cos americanos, eran boas, bonitinhas e os nenos divertíanse xogando o futbol nas lonxanas terras paupérrimas onde estudiaban

quarta-feira, 4 de julho de 2007

Pululan


Pululan as xentes, pululo eu, pulula o aire...caminho de ningures, todos e todas equivocados, todos a viver nesta cousa, palabra clave para falar do desconhocido; mentimos cando falamos, mentimos cando pensamos, mentimos inclusive cando sonhamos..mentímonos a nos, aos outros, a verdadeira falacia é o tempo ou a verdade? Malo si me votas en falta, malo si non me votas, malo para o corazón, malo para o orgulho.
Gostaría de poder seren máis clara, máis equilibrada... gostaría máis si o mundo fose máis claro e máis equilibrado... cómo pedirlhe os demáis o que ti non tes???

Hoxe nun periódico de tirada nacional vinha unha foto de Irak, dous nenos apuntando cunha pistola a outro neno que choraba, o título da nova: " E.E.U.U acusa a Teherán y Hezbolá de entrenar las milicias chiíes de Irak", evidentemente moitas preguntas:

- Quén caralho confía na información do tío Sam???

- Qué terán que ver estes nenos con Teherán, Hezbolá e os gringos???? Acaso cada neno irakí é un terrorista en potencia???

- Quénes son as milicias chiíes??? porque, en verdade Irak é un país de crenza chií, todos e todasos chiíes de Irak son entrenados nas armas, todo opaís é un criadeiro de terroristas??? claro que, non son os E.E.U.U uns terroristas????


Onte nunha das minhas clases fixemos mención ospresuntos intentos de atentados no centro de Londres,pregunteilhe a un inglés moi simpático qué pensaban eles, de quén pensaban que era a culpa destes intentos de mortes, a contestación:

- Al-Qaeda. ( É gracioso, votarlhe a culpa a unha pantasma)

- E logo....- insistín eu coa minha teima de falta de respeto- non pensades que a vosa historia de imperialismos pode ter provocado algo de todo isto.

- A culpa é de Al- Qaeda- recibín como resposta.

Ben... a minhas próximas lecións de castelán/espanhol comenzaran co verbo irregular "mentirse": yo memiento, tú te mientes, él se miente....enreflexivo!!!!!