sexta-feira, 30 de novembro de 2007

juriia falestina

En moitas cousas son bastante radikal, no senso máis estremo do termo, no senso negativo, diríamos nesta sociedade que adoptou posturas moderadas en aras de certo sentido místico-budista da realidade, non a violencia, non o recheitamento tácito,....; non sei...penso que a violencia é necesarias as veces, penso que comprender e compartir son termos diversos, penso que hai que crear un termo lingüístico novo para cando queiras dicer: acho que entendo a teu comportamento pero non comparto posturas.

Palestina é un dos meus radikalismos. Considero que o estado de Israel é un estado "antiético", "amoral", un grupo de sionistas (que non che son o mesmo que os xudeos) ricos mercaronlhe à O.N.U un pedazo de país para crear a súa economía a pracer.
Onte foi o día de apoio a Palestina, non o sabía, perdón, perdo as datas e os nomes.


Foto: Alexandra Boulat

quarta-feira, 28 de novembro de 2007

linguaxe

A linguaxe forma parte da manipulación social, esta realidade tan contundente está pouco nas nosas mentes penso.
Hoxe nas aulas un dos meus alunos, que penso que é homosexual, máis eu,( que ando na procura da minha sexualidade), mantivemos unha conversa sobor da súa "parelha" sen especificar sexo, nen el, nen ela... sempre establecidos na ambiguedad; tamén me escoito a mín mesma facendo o mesmo e síntome a mín mesma co medo hacia a reación dos demáis; non medo o que sintan, medo à reación, ao comportamento.
Esta realidade non existía antes para min, pululaba consciente de que era duro ter unha sexualidade diferente à establecida pero non era capaz de perceber estes pequenos detaies do cotidiano; agora tes que escoitar a un dos teus companheiros aconselharte sobor si os homes nórdicos son bos para tí, ou duas companheiras facendo comentarios entre risas, "pero eu son heterosexual" é percorre a tua mente un enorme: eih?????, isto non vai comigo; sintes que non é a túa realidade e síntese nun valeiro.
Qué a vaian ranhar!!!!!pensas, pero ista non é a cuestión.


Foto de Lauren Greenfield, "agengy vii"

segunda-feira, 19 de novembro de 2007

Vera e Boulat



Fai tempo, caseque un mes e medio chegou a minha vida Vera e desapareceu Boulat.

Con Vera chegou a min unha nova forma de viver que me enche de incognitas, de lugares desconhecidos, funciono coma unha rapariga a descobrir o mundo, é unha sensación estrana aos 35, cando pensas que xa tes as cousas algo establecidas dentro de tí, chega alguén que che fai ver até qué punto andabas metidinha nas estructuras pechadas da sociedade. Non sei ónde me levarà este caminho, pero non me deixo amedentrar, ainda. Sinto unha liberdade desconhecida até agora.

Boulat morreu o mesmo día que Vera voltaba a súa casa, Alexandra é unha referencia persoal diferente, para mín era unha mirada a seguir. Un olhar que se perde, nunca máis,...

Foto Alexandra Boulat; "agency vii"

quarta-feira, 14 de novembro de 2007

ahí vai!!!!!

As veces as cousas semelhan que non se poden dicer, vasta que digas algo coma: "Son feliz" para que che entre à angoxa de terte excedido. Pecha a boca!!! dicía meu pai moitas veces...... No fondo de toda esta leria está o medo, no fondo de moitas angoxas existencias está o medo, medo a sofrer, medo a que che fagan dano, medo a que venha o destino e te castigue por seren feliz, por estares sosegada e tranquila....tod+s formamos parte dunha cultura!!!!.

sexta-feira, 2 de novembro de 2007

Esclavitude

Ista é a esclavitude do século XXI, trabalhar por unha miseria que non che chega para viver, non saber si a próxima semán terás trabalho ou non, non saber con certeza cánto é o teu soldo,... Así é a minha realidade laboral, fai dous meses que cobro finiquito no lugar de soldo, (porque todos os meses remato o contrato para seren contratada de novo), que non podo facer as contas do meu soldo porque non sei cánto é o soldo base, cánto me corresponde por finiquito, canto pola vacacións, canto pola paga extraordinaria; por moito que faga números, eles son sempre unha aproximación a minha nómina, sinto que todos os meses a minha empresa rouba 50 ou 60 euros do meu. Agora tenho contrato de catro horas, agora de seis, agora trabalho en neghro, agora trabalho de nove a sete e fago catro horas extra, agora trabalho de nove a cinco e...non tenho vacacións, non podo facer plans, estou atada o trabalho, à necesidade de teren un soldo e cubrir unha seguridade social.
Ainda que debo estar contenta, eu son mestra de español, tenho un trabalho do que gosto; hai moit+s outr+s vencelhad+s a merdas maiores para poder sobreviver.
Pensamos que vivimos con democracia e sen esclavitude, pero a democracia sen conhecemento, sen capacidade de autocrítica, sen reconhecemneto dos erros, sen pensamento social non é máis que unha dictadura do poder, e estes trabalhos de merda os que nos someten porque cada día somos máis humáns a englosar as filas do proletariado- burgués, ou do proletareiado sen conciencia, é unha nova esclavitude; ou a nova cara da antiga esclavitude.
Hoxe estou realmente cabreada pero por moito que o pense non sei a ónde liscar, as cousas están igual de mal en todas partes, o mundo divídese en ricos e pobres, ser rico é inmoral ser pobre é unha condena.

quarta-feira, 31 de outubro de 2007

lingua e imperio

É increibel comprobar até que punto o imperio está interiorizado dentro de cada unha/un.
Nas minhas aulas tenho comprovado que os alumnos anglófon+s son, case sempre, lent+s. Hailhes que explicar dende o comenzo que as linguas son seres diferentes, con normas diferentes e reglas diferentes. Non é que el+s non sexan conscientes da existencia das linguas é que non son capaces de asimilar cousas tan básicas coma as diversas conjungacións cos pronomes ou persoas, ponhen os olhos coma platos cando descubren a diversidade formal do verbo ser, ainda que lhes digas que é "to be"; tes que declinar o verbo en inglés a carón do verbo en español e ir relacionando as persoas, as formas para que descubran os cambios. Penso que ainda que el+s perciben outras linguas e son conscientes da súa existencia non tiveron nunca a necesidade de se expresarse fora do inglés, caminhen por onde caminhen, ainda que viaxen moito, sempre poden falar na súa lingua nae e non tenhen a necesidade de abrirse, de conhecer, viven cerrados no hermetismo cultural da hexemonía lingüística; é unha demostración, para mí, do "obscurantismo imperial" e podemos relacionar este fenómeno con todos os outros que levan a pensar que o que non está interiorizado en tí é negativo ou incompresibel.
Non é unha norma para tod+s, conhezo alglófon+s cunha enorme capacidade para aprender linguas, pero é un feito reiterado na gran maioría das minhas aulas; e faime pensar até qué punto cada unha/un de nos non está asimilad+ a unhas normas de difícil ruptura

segunda-feira, 29 de outubro de 2007

Haiche vai, panha!!!!


Eu non me sinto "espahola", dou gracas por ilo a quen sexa. Nunca tiven ningún sentimento de apego hacia ela, a pesar de que dou aulas de castelán; estudiei castelán porque gustaba da literatura hispanoamericana e dou aulas de espahnol porque gosto do trabalho e dame para comer e viaxar.

Pero sí sinto un fondo sentimento de orgulho hacia +s republican+s; sei que soa antiguo nestes tempos de delexicalización dos conceitos pero para mín el+s deron a súa vida polos dereitos d+s demáis e merecen un reconhecemento que non tenhen. Haiche poucos povos tan cobardes como o espanhol, e poucos que se permitan o luxo de desfacerse dunha loita revolucionaria tan fermosa como foi a defensa da república frente o fascismo; pero este fin de semana esa panda de carcas e conservadores demostraron que poden dar unha volta máis, chegar un chisco máis lonxe.

Non digo nada polo feito de que uns cristianos radicalizados (imos comenzar a utilizar o termo na súa xusta medida) levaran as bandeiras franquistas diante do vaticano para pedires a beatización dun punhado de fascistas; iso vai con eles, tenho conciencia de que ahí non che hai moito para facer.

O que non remato de entender é o por qué non se puxeron en pe os restantes habitantes dese país,¿ cómo se pode viver sen sentir un mínimo de furia pola inxusticia? ¿cómo se pode aturar a uns políticos dicer que a lei da "memória histórica" rompe espanha (ja,ja, ja!!!!) e permitirlhes, a esos mesmos políticos, a beatificación de 450 fascistas en nome da paz de españa? 450 fascistas que, ademáis, califican coma mártires da guerra.

E ahí están, os e as españoles e españolas a beber, comer, viaxar e pagar a sua hipoteca. A malviver sen dignidade, porque haiche que ser moi pobre de espíritu e moi langrán para non molestarse por isto.